domingo, 28 de abril de 2013

O PP aprobará xa reducir os deputados en Galicia


O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, avanzou o sábado a intención dos conservadores galegos de protocolizar a celebración de debates electorais entre candidatos á Presidencia da Xunta. A proposta quedaría recollida na nova Lei Electoral de Galicia, cuxa reforma foi un compromiso electoral do partido nas pasadas eleccións autonómicas.


Rueda recordou o precedente das últimas eleccións, onde os partidos chegaron a un acordo para que os tres candidatos debateran cara a cara para expoñer as súas propostas aos galegos. O dirixente popular propón dar continuidade a ese precedente e blindalo por lei.

A proposta porase en coñecemento do resto de grupos "coa vontade de acordar este e outros aspectos da reforma". De feito, Rueda recordou que a modificación que prantexa o PPdeG inclúe tamén unha redución no número de deputados no Parlamento galego de 75 a 61.

Trátase do número impar máis pequeno dos que ten amparo no Estatuto de Autonomía. Está por ver como o PP pretende distribuír os representantes por provincias. Ao haber menos deputados -salvo que se cambie a proporción provincial- dálle máis peso relativo ás provincias de Lugo e Ourense (con menos habitantes), tradicionais feudos electorais dos conservadores.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/14177.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario