domingo, 28 de abril de 2013

IU estenderá o modelo AGE ao resto do Estado


AGE pode exportarse ao resto do Estado. Así o cre o coordinador Federal de Izquierda Unida (IU), Cayo Lara. "Esta experiencia é un punto de arranque que se estenderá por todos os territorios do Estado español, porque é o que quere a xente, é bo para as maiorías e para a xente que quere defender, lexitimamente, os seus procesos de identidade", dixo.


O líder de IU insistiu en que é "unha experiencia radicalmente positiva" e suliñou que se estenderá por outros territorios do Estado español. Díxoo este sábado durante a XI Asemblea Nacional de Esquerda Unida, a primeira que a organización que coordina Yolanda Díaz realiza desde as pasadas eleccións autonómicas, nas que a súa coalición acadou cinco escanos dos nove que obtivo a Alternativa Galega de Esquerda.

Defensa de Beiras

Durante a súa intevención, Lara tamén se referiu á puñada que o líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, deu ao escano do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. "Foi un xesto de reivindicación ética da política, non é posible que poida haber política se ademais da intelixencia, esta non sae do corazón e dos sentimentos", asegurou.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/14175.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario