miércoles, 24 de abril de 2013

Galiza será soberana na rede: o Icann aprobará o dominio .gal


Icann (siglas en inglés da Corporación de internet para a asignación de nomes e números), a organización responsábel de asignar os enderezos do protocolo IP, fará realidade en breve o dominio .gal, no marco da aprobación dun novo pacote con centos de extensións, entre as que figura a reivindicada por Galiza.


A consecución da extensión galega, lembran desde a axencia EFE, que deu esta nova, pon o ramo a un longo proceso iniciado vai para cinco anos e que está a revolucionar os rexistros de webs de empresas, organizacións e territorios.

Para ser aprobado un dominio, este ten que pasar por un longo e complexo proceso de validación. Se ben a aprobación de .gal será efectiva nas vindeiras semanas, non estará operativa até comezos do ano que vén.

Segundo informa esta mesma axencia, entre as extensións que se aprobarán en breve figuran, alén de .gal, a de .eus, .berlin..madrid ou .bank.

Puntogal

A conquista do .gal e a visibilización de Galiza nas redes con dominio propio é frito, en grande mérito, do traballo desenvolvido pola asociación Puntogal. Esta asociación defínese como "uha iniciativa que pretende conseguir para a lingua e a cultura galegas un dominio propio en internet e, a través del, unha maior visibilidade e presenza do pobo galego na rede e no mundo".

Nun comunicado, Puntogal sinala que 

a ICANN "vén de publicar a lista final de candidatos a novos dominios sobre os que pende algunha queixa formal por parte da ICANN, outras candidaturas ou membros da comunidade da Internet. Grazas ao apoio de toda a sociedade galega a candidatura, o .gal non figura nesa lista. Aliás, tampouco está na lista, publicada hai uns días, de candidaturas sobre as que os gobernos que participan na ICANN expresan dúbidas. Neste sentido, o .gal logrou o respaldo das administracións locais, autonómicas e estatais".

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/lingua/xase/20130423111659014059.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario