lunes, 8 de abril de 2013

Fidel Castro chama a "evitar unha guerra" en Corea

O líder da Revolución cubana coñece de primeira man o que é unha ameaza nuclear. A crise de Outubro de 1962 segue a ser considerada o momento de maior tensión bélica na era bipolar. Os EUA e a URSS a piques estiveron de encetar un conflito que non só faría desaparecer á pequena illa do Caribe, senón que deseguro levaría por diante a boa parte da poboación estadounidense afincada a tan só unha millas da costa cubana.

Fidel Castro viviu ese precedente mais tamén foi testemuña da guerra de Corea (1950-1953) que remataba un ano despois do golpe de Estado que sentaba ao militar Batista aos mandos de Cuba. Coñeceu a Kim Il Sung e partillaría amizade co pobo norcoreano desde o trunfo da Revolución. Porén, as ameazas bélicas lanzadas polo agora presidente da República Democrática de Corea perante as manobras militares estadounidenses e a tensión na fronteira cos veciños do Sur fixeron ao comandante apelar ao "deber de evitar unha guerra".

Fidel, apela no seu alegato pacifista aos "sacrificios" humanos de calquera conflito e ás repercusións internacionais que devirían de estourar. Para o líder revolucionario Corea debe lembrar "os deberes" contraídos con aqueles países "que foron seus grandes amigos" e que se verían abocados a tomar posicións de estalar a guerra.

Aliás, lembra Fidel, "o deber de evitalo" tamén é dos EUA se non quer, di, "verse sepultado polo dioivo de imaxes" que presentarían o seu presidente "como a máis senestra personaxe da historia" estadounidense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario