domingo, 21 de abril de 2013

Alonso Montero será o novo presidente da RAG


Tal e como avanzou este venres GC, a candidatura de Alonso Montero impúxose á de Manuel Gonzalez para presidir a Real Academia Galega.
Finalmente, os "indecisos" non declinaron a balanza cara a candidatura de González que acadou 10 votos dos academicos presentes fronte aos 12 de Alonso Montero.
Houbo dúas abstencións e dous votos por correo non contabilizados. Segundo as axencias, na primeira volta das votacións houbo empate a 12, polo que houbo que facer unha segunda volta, onde non se contaban os sufraxios remitidos por correo, e daquela gañou Montero.

División

As eleccións na RAG foron convocadas tras a decisión de Xosé Méndez Ferrín de abandonar o cargo tras ser acusado de contratar familiares na institución e da utilización arbitraria dun vehículo ao servizo da RAG cedido pola Xunta.

As negociacións mantidas nas últimas semanas para alcanzar unha lista de consenso non frutificaron. Montero levaba na súa lista a Margarita Ledo, Henrique Monteagudo, Andrés Torres Queiruga e Rosario Álvarez. González, tesoureiro da RAG durante o mandato de Méndez Ferrín,  contaba cos filólogos Xosé Luís Regueira e Francisco Fernández Rei. A presentación da súa candidatura asistiu o académico e novelista Manuel Rivas.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/14065.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario