miércoles, 3 de abril de 2013

A prensa que atacou o Celta por non fichar a Salva aplaude a fútbol inglés por se arrepor a Di Canio


Di Canio, canda xogador na Lazio, celebraba os goles erguendo o brazo coa palma aberta. O saúdo fascista. Aliás, na súa biografía alabou a Mussolini e ao longo da súa carreira deportiva non son poucas as súas declaracións sobre as supostas bondades do rexime fascista en Italia. Xogou tamén na Juventus, Napoles, Milan... mesmo en clubes ingleses (West Ham, por exemplo) e en Escocia no Celtic de Glasgow (onde os ultras escoceses asubiáronlle en máis dunha ocasión por 'bastard fascist').


Mais foi na Lazio (cunha hinchada moi, pero moi escorada cada á extrema dereita) onde Di Canio viviu os seus anos de gloria. Con comportamentos saídos de ton, sobre todo cando se enfrontaba co Livorno, a equipa fundada en 1915 por estibadores portuarios e que respira esquerda polos seus catro costados. Os goles do clube amaranto é de rigor celebralos nas bancas máis siareiras erguendo o puño e entonando Avanti Popolo.

Facendo amigos....

Di Canio deu en 2011 o chimpo a adestrador, mantendo a súa ideoloxía fascista. Treinou o Swindon Town. E alí xa tivo problemas. Co plantel, cos árbitros... e co sindicato GMT, que retirou o seu apoio ao Swindown por mor da ideoloxía do italiano.

Mais foi a súa recente fixache polo Suderland a que desatou a treboada. O vicepresidente do clube (David Miliband, exministro británico de exteriores) presentou a súa dimisión irrevocábel pola contratación dunha persoa con esa ideoloxía. Aliás, parte da afección deste clube inglés stá a se mobilizar baixo a palabra de orde de 'Fascist? No, thanks'.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/deportes/xxxxx/20130402190937013209.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario