sábado, 9 de febrero de 2013

Os militantes só achegan o 10% do que ingresa o PP


Mentres insiste en que os papeis de Bárcenas -que reflicten a súa contabilidade B- son falsos, o PP acaba de publicar os datos globais da súa contabilidade oficial entre 2008 e 2011.


O total de ingresos destes catro anos suman máis de 426 millóns de euros. Deles unicamente 46 millóns proveñen das cuotas dos afiliados. É dicir, os militantes conservadores só contribúen directamente ao 10,7% do mantemento do seu partido.

De lonxe o capítulo que máis aporte á tesourería conservadora é o de outras subvencións, as axudas públicas que non están directamente vinculadas aos resultados electorais. Neste capítulo suma máis de 274 millóns de euros, un 64% do total de ingresos.

Tamén é moi chamativo o capítulo de "ingresos por donativos". En 2008 o PP sumou 1,3 millóns, 669.000 euros en 2009, 537.000 en 2010 e 2,1 millóns en 2011. Isto apunta a que os donativos dispáranse cando hai campaña electoral estatal. A suma total dos donativos é de 4,62 millóns en catro anos.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/13178.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario