viernes, 8 de febrero de 2013

O Banco Gallego ten un buraco de 150 millóns



O Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) situou en 150 millóns negativos o valor do Banco Galego, que se atopa en proceso de ampliar capital para acometer o seu plan de reestruturación, que pasa por unha venda antes do 30 de abril.

O FROB determinou unha valoración negativa para Banco Ceiss e Banco Gallego e positiva para Caixa3, Liberbank e Banco Mare Nostrum (BMN). Así, a valoración de Banco Ceiss foi de 288 millóns de euros e a de Banco Gallego de 150 millóns de euros. Por contra, a de Liberbank deu un resultado positivo de 1.113 millóns de euros, a de Banco Grupo Caixa3 de 370 millóns, e a de BMN, 569 millóns de euros.


Estes valores económicos foron calculados de acordo cos procedementos establecidos polo FROB e sobre a base dos informes de valoración encargados a tres expertos independentes para cada unha delas, segundo informa nun comunicado o fondo de rescate estatal.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/13177.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario