sábado, 16 de febrero de 2013

O alcalde de Catoira denuncia un menor por chamarlle ladrón en Twitter


O alcalde de Catoria (Pontevedra), o socialista Alberto García, denunciou un menor de idade que o chamou "ladrón" na rede social Twitter, porque se cre na obrigación de demostrar que "en política non somos todos iguais" e que "non vale todo" hora de exercer a liberdade de expresión.


En declaracións a Efe, García xustificou a súa reacción, denunciar ante a comandancia da Garda Civil de Vilagarcía ao mozo, de 16 anos de idade, por inxurias e calumnias con publicidade, alegando que ten que "defender" a súa "honra" e "axudar" a que o menor "aprenda" que as redes sociais non están para estes usos.

"Se na súa casa non lle din como se deben utilizar as redes sociais, dirallo o xuíz de menores", manifestou o rexedor de Catoira, consciente de que "o maior prexudicado" pola presentación da denuncia probablemente sexa el mesmo, pero o asume con tal "de axudar a que estas cousas non volvan ocorrer".

"Non son ningún Bárcenas nin estou relacionado coa Gürtel. O que crea algo así ten que xustificalo", proclamou García, quen criticou que a nai do menor denunciado "vaia aos xornais a dicir bobadas" e alegue que se trata dunha represalia política.

Noticia completa: http://www.galiciae.com/nova/231155.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario