Jesús Vázquez acusa os convocantes de "enganar a cidadanía"
Segundo os primeiros datos das organizacións estudantís, o seguimento do paro no ensino medio nas principais cidades acadou o 90%, aínda que foi menor nas áreas rurais. En canto á folga nas universidades, cuxos alumnos estaban convocados tamén a apoiar as protestas, as cifras sitúanse nun 70%, aínda que con seguimento desigual e moito máis acusado na de Santiago de Compostela.
"Menos sobres e máis educación", berraron os estudantes
Entre berros de "menos sobres e máis educación", "a Lomce é a lei do opus dei" ou "esta reforma ímola parar", milleiros de estudantes saíron ás rúas das principais cabeceiras de comarca de Galicia para amosar o seu rexeitamento a unha reforma educativa que cualifican de "elitista, recentralizadora e ideolóxica" e que contou co apoio de varios representantes da oposición parlamentaria en diversas cidades. As urbes volveron acoller as maiores mobilizacións, especialmente as de Santiago, A Coruña e Vigo, e en todas elas se reclamou tamén a dimisión do ministro José Ignacio Wert.
Así e todo, a Xunta volveu censurar a mobilización. "É un erro e é incongruente que os que abandonan a mesa convoquen a protesta", asegurou, no entanto, o conselleiro en referencia ás negociacións da Lomce, tamén coñecida como Lei Wert, e que recibiu tamén as críticas do profesorado e das asociacións de pais e nais. Así, Jesús Vázquz chamou a recuperar o "diálogo", xa que, ao seu entender, o que se persegue coas protestas "son outras cuestións". "As formas de actuar non son as correctas", asegurou respecto da actitude
No hay comentarios:
Publicar un comentario