miércoles, 20 de febrero de 2013

Denuncia ao bombeiro que se negou a desafiuzar a Aurelia


Un cento de persoas estiveron ao longo da mañán do martes no número 9 da rúa Feijóo da Coruña, onde vive Aurelia Rei, á octoxenaria a que queren desafiuzar por non ter pagado en tempo unha mensualidade que xa abonou, e que este luns provocou a intervención da Policía para intentar desaloxala da súa vivenda.


Unha actuación que se saldou con varias persoas contusionadas, entre elas varios dirixentes do BNG e EU, e con varias denuncias. Segundo as fontes consultadas, a Policía tamén tería informado, para iniciar un proceso sancionador, sobre a actuación dos bombeiros, e, especialmente, sobre o que se negou a cortar as cadeas que estaban na vivenda da anciá.



Activista social

Este profesional, ademais, levantou unha pancarta de StopDeshaucios. O seu nome é Roberto, e segundo as fontes consultadas, é un amante da bicicleta e un activista social.

Precisamente, a actuación deste bombeiro e dos seus compañeiros, que se negaron a actuar, foi ensalzada nas redes sociais. En Twitter e FB pódense ler moitas mensaxes de ánimo e parabéns ao corpo de bombeiros da Coruña.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/13313.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario