sábado, 9 de febrero de 2013

ABC súmase ao discurso oficial do PP e nega a veracidade dos documentos publicados


ABC reproduce hoxe o discurso oficial da "dúbida" sobre os papeis de Bárcenas para quitarlle importancia ao escándalo que vive o PP sobre a súa financiación. Segundo o xornal madrileño, o manuscrito reproducido por El País hai uns días ten eivas que "invalidan" a súa "credibilidade" diante da xustiza.


A primeira sería a autoría destas "contas en B" que o propio Luís Bárcenas, ex-tesoureiro do PP, negou após a súa publicación e que logo outro ex-alto cargo do partido, Jorge Trías Sagnier, declarara que eras auténticas.

Un dos pontos esencias da polémica, a proba caligráfica que realizaron xa expert@s na materia e que probaron que a letra era de Bárcenas, non sería válida para este medio de comunicación "sen a presenza física dos orixinais". Mais para este xornal aínda que se autentificara a súa autoría seguirían sendo falsos baixo o argumento de que serían unha invención do propio ex-tesoureiro do PP.

Expert@s en "contabilidade oculta"

Alomenos curiosa é que se remita a consulta sobre estes papeis a "economistas e auditores" expertos en contabilidade oculta. Unha das razóns que argumentan para rexeitar a autenticidade destas probas do pago en negro a altos cargos do PP é que son "un auténtico despropósito". Segundo estes "expertos que prefiren manter o anonimato" nunca aparecen datos reais "da contabilidade oficial" xunto a "contabilidade oculta". A proba, logo, de que estes papeis non son auténticos sería que non cumpren co "manual" do fraude fiscal.

Outro dos "erros" que probarían que a suposta contabilidade en B publicada é falsa sería, para o ABC, que faltan algúns anos. Os rexistros que non figuran na documentación son os que van de 1993 a 1996.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/politica/abc-sumase-ao-discurso-oficial-do-pp-e-nega-a-veracidade-dos-documentos-publicados/20130208124256010834.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario