miércoles, 6 de febrero de 2013

A tensión marca a chegada de José Luís Baltar aos xulgados

José Luís Baltar non deixa indiferente. Son moitos as persoas que o apoian na provincia de Ourense, sen dúbida, e tamén son moitisimos os que levan anos denunciando as súas prácticas á fronte da deputación. A súa declaración este mércores nos xulgados de Ourense para das conta das acusacións de contratación fraudulenta de máis dun cento de persoas chegaba, ademais, nunha semana na que a sensibilidade da poboación ante a corrupción exercida polos representantes públicos estaba a flor de pel.

Pola mañá Luis Bárcenas foi recibido con berros de "chourizo" en Madrid. E pola tarde tamén se escoitou ese cualificativo en Ourense, ao igual que o de "corrupto" "ladrón" ou "cacique", pero tamén houbo aplausos. 

Varias ducias de alcaldes (entre eles os de Bande, Celanova, Melón, Monterrei, Quintela de Leirado, Pereiro, A Porqueira, Ramirás, A Rúa, Sandiás ou Xinzo), concelleiros e deputados do Partido Popular afíns aos Baltar concentráronse ás portas do xulgado para recibir o ex presidente da Deputación e manifestarlle o seu apoio. Fronte a eles, tamén se concentrara un bo número de persoas para protestar contra Baltar e botarlle en cara a súa xestión e as prácticas clientelares polas que é acusado: afectados polas preferentes, membros do 15M e do colectivo STOP Nepotismo.

Os aplausos e insultos dirixidos contra Baltar convertéronse en berros e acusacións entre os dous grupos de concentrados. Houbo empurróns e mesmo algunha patada

E a chegada do imputado fixo agromar a tensión. Os aplausos e insultos dirixidos contra Baltar convertéronse en berros e acusacións entre os dous grupos de concentrados. Houbo empurróns e mesmo algunha patada. Rapidamente Baltar foi introducido no interior dos xulgados e a tensión rebaixouse de inmediato. O ex presidente da Deputacion non quixo facer declaracións á súa chegada e limitouse a dicir que estaba "tranquilo". Os e as concentradas para protestar contra Baltar continuaron no exterior repetindo acusacións de enchufismo e nepotismo e con faixas alusivas a que "isto non é un xuízo, é un entroido"

No hay comentarios:

Publicar un comentario