miércoles, 27 de febrero de 2013

A tensión enquístase no Parlamento de Galicia


O pasado día 19 a deputada do BNG Ana Pontón formulaba, no marco da comisión de Cultura do Parlamento, unha pregunta sobre "o plan de traballo e os recursos orzamentarios" que a Xunta vai destinar en 2013 ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo para garantir a súa "viabilidade".
Nunha das súas intervencións Pontón lamentou a falta de compromiso do Goberno galego co MARCO e censurou, do mesmo xeito, que o actual secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, actúe como "verdugo" no ámbito cultural como antes xa o fixera coa lingua. Dende a Presidencia da comisión anunciouse que se ía "retirar" da acta da sesión o cualificativo empregado pola nacionalista, por non ser "acaído para unha sesión parlamentaria". Acto seguido, Lorenzo tomaba a palabra e situaba a Pontón como exemplo de que o "sistema educativo debe mellorar", dada a súa "mala educación".

Este episodio, que apenas transcendeu alén dos muros do Pazo do Hórreo, pode ser ilustrativo do clima que vive o lexislativo galego nos últimos meses, caracterizado por unha tensión interna que as diversas protestas sociais fixeron acrecentar e que se veu amplificada coas restricións ás visitas da cidadanía impostas pola presidenta, Pilar Rojo. Ese episodio deu lugar a unha inédita unidade entre os grupos da posición, que a finais de xaneiro protagonizaban un plante deixando só ao PP nunha sesión plenaria na que os incidentes deixaron en segundo plano o que se abordaba: o inicio do trámite dos Orzamentos Xerais para o ano 2013.

Noticia completa: http://praza.com/politica/3710/a-tension-enquistase-no-parlamento-de-galicia/

No hay comentarios:

Publicar un comentario