miércoles, 20 de febrero de 2013

A esquerda portuguesa recupera o 'Grândola Vila Morena" ante a crise


O 'Grândola Vila Morena', o himno da Revolución dos Caraveis, está de moda no país veciño. Logo de ser a canción emblemática dos anos 70 que serviu para derrocar ao ditador Salazar, a música do Zeca Afonso volve ser entoada pola esquerda lusa como xeito de protesta ante as medidas económicas que está a implantar o Goberno portugués.


En menos de dúas semanas, o 'Grândola' serviu para acalar o discurso do primeiro ministro portugués, Passo Coelho, na Cámara lusa, e tamén, o luns pola noite, o do ministro Miguel Relvas Unhas protestas que, a diferencia do que acontece na Cámara Galicia, non rematan coa expulsión dos que entoan a mítica canción.

O ministro non sabía a letra
Este luns, dúas decenas de persoas silenciaron a Miguel Relvas entoando a famosa canción de Zeca Afonso. Relvas aínda tentou "cantar", mais só deu para entender que non coñece a letra. "Si, imos todos cantar", respondeu Miguel Relvas con sarcasmo, antes de tentar trautear a canción cos manifestantes. O resultado foi claro. O ministro non coñece a letra.



Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/13311.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario