miércoles, 27 de febrero de 2013

A demisión de Ferrín en once claves: da sombra de nepotismo á guerra polo control da RAG


Despois de sumar opinións de distintas partes, de dentro e fóra da Academia, arredor da demisión de Ferrín constrúese un mosaico complexo de argumentos que dan conta do momento convulso da Institución. Através de once puntos tentamos, coa información recadada, achegarmos ás razóns e as claves para interpretar o portazo do escritor ao edificio da coruñesa rúa Tabernas.


-Para a historia, todo foi no Día de Rosalía.
O último acto institucional de Xosé Luís Méndez Ferrín é a conmemoración do Día de Rosalía na Casa da Matanza nos actos organizados pola Fundación Rosalía, a Universidade de Vigo máis a propia Academia. Varias persoas que compartiron con el a xornada aseguran que nada facía indicar que o presidente tiña vontade de demitir nas seguintes horas. A carta foi enviada polo secretario no día 25, mais a súa sinatura é do propio día 24, unha xornada de especial relevancia no calendario das Letras, data que quedará tamén marcada na biografía literaria de Ferrín.


-Dúas entrevistas tensionan fóra de Tabernas.
A tensión que nos últimos meses se viviu dentro do edificio da rúa Tabernas apenas traspasou os seus muros. Sábíase do desencontro, mais ningunha persoa con posto numerario na Academia fixera até entón declaración pública algunha. Porén, dúas entrevistas trasladaron máis alá das portas da sede da institución os problemas que latexaban dentro. A primeira, a do propio Ferrín con Kiko Novoa na RG. Os silencios e o malestar de Ferrín deixábanse ver nunha conversa que rolou polas redes sociais. A segunda, en La Voz de Galicia, o propio día que se fai pública a demisión, cando, desde a mañá as declaracións do secretario Xosé Luís Axeitos acenderon a mecha da mañá máis tensa que se lembra na Academia. Axeitos puña a mira noutras dúas institucións, o Consello da Cultura Galega e o Instituto da Lingua Galega para os acusar de control da Academia e de presións para que se retirara o recurso contra o decreto do bilingüísmo.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/cultura/a-demision-de-ferrin-en-once-claves-da-sombra-de-nepotismo-a-guerra-polo-control-da-rag/20130226073642011657.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario