domingo, 3 de febrero de 2013

A carraxe polas preferentes peta na porta da casa de Feijoo


Até a mesma porta da casa de Núñez Feijoo. A protesta dos milleiros de afectados polas preferentes, despois de meses de mobilizacións, chegou este sábado até Montepío, sede da residencia oficial do presidente da Xunta, ao que acusan de ser "cómplice" da estafa. As plataformas de afectados de afectados da Coruña, do Baixo Miño, do Morrazo, de Bergantiños, de Ferrolterra, da Costa da Morte, de Monforte..., de toda Galicia, desprazáronse nesta ocasión até Compostela no comezo dun mes que pode ser crucial para o desenlace deste conflito.


De Guindos anunciou hai unhas semanas que antes do remate de febreiro estaría concluido o proceso de canxe das participacións preferentes por accións e aplicada a quita correspondente en cada caso, pola que os afectados perderían máis ou menos a metase dos seus cartos. Porén, as plataformas de afectados que este sábado se manifestaron en Compostela rexeitan a quita e o canxe por accións: "Non vai haber quita para nós. Se todos estamos convencidos de que non vai haber quita non a vai haber". E denuncian, ademais, que o proceso de arbitraxe está paralizado dende hai uns días, o que atribúen a que o proceso para resolver a situación a través do canxe se está acelerando para cumprir os prazos marcados polo ministro de Economía. O 23 de febreiro está convocada unha nova manifestación na Coruña, nun momento no que este proceso anunciado estará máis avanzado.

Noticia completa: http://praza.com/movementos-sociais/3486/a-carraxe-polas-preferentes-peta-na-porta-da-casa-de-feijoo/

No hay comentarios:

Publicar un comentario