martes, 15 de enero de 2013

Peche en Vigo na defensa da sanidade pública


As protestas contra o desmantelamento da sanidade pública espállanse aos poucos por Galicia. Traballadores do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) veñen de iniciar este martes un peche no vestíbulo do Hospital Xeral da cidade olívica. Fano para protestar polos "recortes" que se están a levar a cabo na sanidade pública e permanecerán encerrados ata o vindeiro xoves, logo de 48 horas de protesta. As protestas están apoiadas por todos os sindicatos da xunta de persoal.


Os médicos, celadores, auxiliares e demais persoal que participa no encerro aproveitan os cambios de quenda e o descanso para o café para poderse ir substituíndo nas protestas, co que procuran "non prexudicar os usuarios". Con estas accións pretenden chamar a atención sobre o que consideran unha "deriva privatizadora" por parte da Xunta de Galicia nalgúns servizos, así como contra os continuos recortes.

Segundo explicou o portavoz de CCOO, Ángel Cameselle, a asemblea de traballadores decidiu realizar este peche xa a semana pasada  para protestar polos "recortes" que está a haber "a todos os niveis" na sanidade, e tendo en conta ademais que a área de Vigo ten "unhas listas de espera escandalosas".

Noticia completa: http://praza.com/movementos-sociais/3306/peche-en-vigo-na-defensa-da-sanidade-publica/

No hay comentarios:

Publicar un comentario