viernes, 18 de enero de 2013

Londres respecta o dereito de Escocia a decidir e dá luz verde ao referendo pola independencia

O parlamento británico deu vía libre esta semana á realización en Escocia do referendo pola independencia. As cámaras dos Lores e dos Comúns veñen de aprobar o mandato lexislativo polo cal o goberno británico cede ao parlamento escocés a potestade de convocar o referendo pola independencia. 

A consulta realizarase, tal e como xa pactaran Londres e Edimburgo, en outono de 2014. Con debate, mais sen demagoxias nin imposicións nin censuras, o órgano lexislativo de Gran Bretaña cedeu ao escocés o poder de convocar o referendo. Un paso que ninguén dubidaba que o parlamento de Londres daría tras acordar gobernos británico e escocés que a consulta se faría en 2014. O propio primeiro ministro, David Cameron, afirmara entón que "só @s escoces@s deben decidir o lugar que queren ocupar no Reino Unido". Unha actitude impensábel nestas latitudes, onde goberno español e opinión pública están por trabar a consulta de Catalunya e negar aos e ás catalás o dereito a decidir.

Escocia fará o referendo en outono de 2014, coincidindo a consulta co 700 aniversario de Bannoockburn, data gravada a lume na historia escocesa por ser unha histórica vitória no campo de batalla dos clans escoceses sobre o exército inglés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario