jueves, 24 de enero de 2013

"Culpar da crise á sociedade non axuda a frear os suicidios"


O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza este xoves, a partir das 20 horas  ás 20 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche de Compostela, un faladoiro sobre un dos maiores dramas da crise económica. Baixo o título Unha ollada profesional sobre os desafiuzamentos, abordaranse desde múltiples perspectivas estes procesos e as súas implicacións, grazas á participación de expertos como o psicólogo clínico Miguel Anxo García Álvarez. O facultativo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago analiza nesta entrevista as causas que levan as persoas a situacións límite, así como as medidas que habería que tomar para evitalas.


Que achega o mundo da psicoloxía a un faladoiro sobre o drama dos desafiuzamentos?

Axudar a entender como hai persoas que acaban véndose situadas nun estado de risco para a súa saúde mental que chega a ter efectos de toma de decisións sobre a súa propia vida, O drama dos desafiuzamentos espertou a atención de todos cando comezaron a darse casos de suicidios de xente que ía perder a súa casa, así que a clave será explicar como se pode chegar a esa situación é que se debería facer, desde os ámbitos de responsabilidade, para procurar a redución dese risco.

Noticia completa: http://praza.com/economia/3391/culpar-da-crise-a-sociedade-non-axuda-a-frear-os-suicidios/

No hay comentarios:

Publicar un comentario