martes, 15 de enero de 2013

A sindicalista Laura Bugalho enfróntase a até 8 anos de cadea polo seu traballo con inmigrantes


Esta cuarta feira, 16 de xaneiro, a sindicalista da CIG e activista trans Laura Bugalho sentará máis unha vez no banco d@s acusad@s do xulgado de instrución nº1 de Compostela.

Prestará declaración canda outras oito persoas, todas inmigrantes, ao redor dun delito de falsidade documental continuada de documentos públicos, polo cal a fiscalía solicita entre tres e seis anos de cárcere.


Porén, o grupo operativo de estranxeiría da policía española sostén que o delito cometido pola activista é de trata de seres humanos, suposto en que Bugalho se enfrontaría a unha pena de entre tres e oito anos de prisión.

O caso foi pechado pola xuíza Ana López-Suevos xa na fase da instrución. Malia isto, a fiscalía presentou un recurso que foi admitido a trámite e en virtude do cal a activista sindical declarará como procesada nunha vista previa a un xuízo que se adiará, previsíbelmente, até a primavera.

Máis de 3 mil documentos para lles axudar a regularizar a situación

Na mesa dun bar, entrementres remexe un café, Bugalho recorda os feitos que a colocaron na postura en que hoxe se atopa. Após 21 anos de traballo con persoas inmigrantes que procuraban axuda no departamento de Migracións da central nacionalista, Bugalho di ter axudado a máis de tres mil persoas a obteren documentos como padróns, analíticas médicas ou avais para hipotecas. A finais de 2001 e comezos de 2002, os anos do 'corralito' na Arxentina, a sindicalista atendía pola volta de 40 persoas ao día.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/social/a-sindicalista-laura-bugalho-enfrontase-a-ate-8-anos-de-cadea-polo-seu-traballo-con-inmigrantes/20130115021811009569.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario