domingo, 27 de enero de 2013

A defensa do galego enche a Quintana


Varios miles de persoas secudaron baixo a choiva a manifestación de Queremos Galego en Santiago. Os cidadáns reclamaron  este mediodía á Xunta a retirada do polémico "Decreto do Plurilingüismo", que por vez primeira na historia reduciu a presenza do idioma propio nas aulas.


No discurso final o presidente da Mesa pola Normalización, Carlos Callón, advertiu ao PP que en Queremos Galego participan organizacións de todos os sectores salvo os propios conservadores. O voceiro tamén arremeteu contra o proxecto estatal de reforma do ensino, que cualificou de "Lei da Wergoña", en referencia ao ministro de Educación.

O galego perde protagonismo na axenda pública

A marcha discorreu sen incidentes dende a Alameda até a Praza da Quintana de Compostela. Os asistentes, entre os que había moitos mozos, lograron enchela nun día de temporal. Agora ben, a concorrencia foi menor que en pasadas mobilizacións de Queremos Galego, nas que se chegou a ateigar a Praza do Obradoiro.



Un dos factores que axuda a comprender que o volume de manifestantes fose menor é que a polémica en torno á lingua marcou o inicio da pasada lexislatura de Alberto Nuñez Feijóo. Na actual, polo contrario, é evidente que a cuestión do galego no ensino perdeu peso na axenda pública en favor da crise e en particular das cifras record de paro.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/13025.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario