viernes, 28 de diciembre de 2012

Estafados polas preferentes presentan unha demanda colectiva


A Asociación Galega de Afectados polos Produtos Financeiros (Agaprofi) presentará unha demanda colectiva contra Novagalicia Banco na que solicitará a declaración de nulidade das comercializacións das participacións preferentes a compradores comerciantes minoristas e á que poderán adherirse os afectados que non entraron na arbitraxe.

Así o aseguraron o presidente da asociación, Manuel Pérez Arias, e o representante legal, Xoán Antón Pérez Lema, durante unha rolda de prensa na que explicaron que esta demanda, que define os afectados como "colectivo facilmente determinable", pretende "servir de paraugas para todos os afectados" para o que xa foi presentada a práctica de dilixencias preliminares.

Pérez Lema aclarou que, logo de analizar casos de afectados, comprobaron que "hai unha auténtica aproximación" nos casos, "no sentido en que masivamente Caixa Galicia e Caixanova comercializaron entre 2003 e 2009 as preferentes entre clientes comerciantes minoristas en base a unha serie de comportamentos repetidos".

Noticia completa: http://praza.com/economia/3138/estafados-polas-preferentes-presentan-unha-demanda-colectiva/

No hay comentarios:

Publicar un comentario