martes, 27 de noviembre de 2012

Gandeir@s concéntranse ante o Parlamento para denunciaren a "dramática" situación do sector


Pola volta dun cento de gandeir@s responderon á convocatoria da Fruga e concentráronse ante o Parlamento en defensa do sector leiteiro galego. Procdentes de diferentes comarcas do país, de Lugo a Barbanza, @s concentrad@s denunciaron o abandono do rural polos gobernos populares, alén de demandaren un prezo xusto para o leite.

Neste senso, sinalan que o prezo do leite baixou un 10% no último ano, namentres o quilo de concentrado (para alimentación do gando) subíu unha media do 18%. "Así non pode resistirse máis tempo", sinalan.

@s gandeir@s insistiron na responsabilidade da Xunta ante a situación "dramática" do sector e lembraron que sendo Galiza a primeira potencia leiteira do estado non pode ser que no noso país se paguen os prezos máis baixos polo leite.

Unha delegación do grupo parlamentar do BNG, con Francisco Jorquera á fronte, saíu da Cámara para trasladar a súa solidariedade e apoio aos e ás concentradas. Posteriormente, unha delegación do comité de empresa de Alimentos Lácteos, que estaba na protesta, entrou no Parlamento para reunírense formalmente co BNG. Na concentración estiveron presentes colectivos como Galiza Nova e Candidatura do Povo.

Medidas

Desde este sindicato agrario expúxose unha serie de achegas e propostas para o sector, entre as que se atopan a posta en marcha urxente dun fondod e rescate para as explotacións e cooperativas, así como un observatorio lácteo galego que fixe "de forma transparente uns prezos que cubran os custes de producción". Tamén avogan desde a Fruga polo impulso e constitución do grupo lácteo galego.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/economia/gandeir-s-concentranse-ante-o-parlamento-para-denunciaren-a-dramatica-situacion-do-sector/20121127123941008122.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario