domingo, 28 de octubre de 2012

“Serei piquete na folga xeral o 14N”


Nin caso aos que din que o éxito futuro dunha alternativa de esquerda galeguista pasa pola moderación. Esta é unha das conclusións que se poden tirar da conversa de GC coa líder de Esquerda Unida en Galicia. Poucas veces  atópase deputados cun discurso tan belicoso como o de Yolanda Díaz, advertindo directamente que “imos a por eles” tanto no Parlamento como na rúa.

Tamén son poucas veces as que un atopa unha persoa que irradia tanta felicidade. En menos dun ano a política ferrolá acaba de ter a súa primeira filla e gañar unha aposta arriscada política que, de perdela, podería ter tirado ao lixo dez anos de carreira.

Malia o evidente atractivo de Beiras coma 'marido' electoral, un 20% da militancia de EU votou en contra do pacto. O éxito de AGE o 21-0 calma aos críticos dentro de EU; pero Díez ten novos desafíos. O primeiro, manter unida unha coalición con forzas galegas cando dende o BNG cada vez máis voces claman pola refundación de todo o nacionalismo.


Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/12015.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario