martes, 30 de octubre de 2012

Louzán deu 600.000€ á prensa antes do 21-0


A Deputación de Pontevedra asinou doce convenios de colaboración con medios de comunicación nos meses previos ás eleccións galegas. A institución que preside Rafael Louzán (PP) pagará 603.555 euros públicos a determinados xornais e radios.

Os convenios son unha vía opaca de reparto de cartos públicos a dedo. A diferencia das convocatorias vía boletín oficial, non hai competencia nin publicidade. Por exemplo, os datos dos convenios aos que accedeu GC non están publicados nin no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nin na web da Deputación.

Tanto Colexio como Sindicato de Xornalistas levan lustros criticando este método de reparto de subvencións. Como o reparto depende unicamente do criterio do mandatario de turno, neste caso Rafael Louzán, é evidente que os convenios dificultan a fiscalización á labor de goberno. Este método de compra de vontades editoriais tamén é usado pola Xunta, tanto polo PP como cando o bipartito.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/12032.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario