martes, 30 de octubre de 2012

A Xunta ordena á USC suspender prazas de profesorado xa convocadas


A Xunta de Galicia decidiu suspender o proceso de contratación de persoal docente e investigador que se comprometeu a iniciar na Universidade de Santiago de Compostela (USC) durante o período de campaña electoral. Así o fai saber no seu blog o colectivo Na Encrucillada, composto por grupo de docentes e persoal de administración e servizos do campus de Lugo.

No seu blog, comparten copia da resolución reitoral da USC do 26 de outubro pola que "se suspende cautelarmente a convocatoria do 21 de setembro de 2012 de prazas de persoal docente e investigador cotratado (concursos 5001/12-13 a 5034/12-13)".

No documento explícase que a decisión tómase "vistas as comunicacións remitidas a esta universidade pola Dirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Facenda no mes de outubro de 2012" e considéranse "os prexuízos que podería ocasionar unha eventual actuación por parte da Consellería"

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/12025.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario