jueves, 27 de septiembre de 2012

O rumor da visita de Rajoy a Vigo convoca aos indignados

Un falso rumor percorreu as redes sociais: Rajoy visitaba a sede do PP en Vigo trala súa viaxe a Nova York, visita non incluída na axenda oficial do Executivo. Ducias de cidadáns acudiron a protestar contra as políticas dos gobernos central e autonómico. O presidente do Goberno tampouco logrou escapar dos 'indignados' en Nova York. Vídeos no interior.

Ducias de persoas concentráronse arredor das seis da tarde de hoxe ante a sede do PP de Vigo para protestar polos recortes. A esa hora, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, interviña nunha reunión coa xunta directiva local do PP en Vigo, nun acto no que participaron tamén o presidente provincial, Rafael Louzán, e o presidente local do PP, José Manuel Figueroa.

Algúns dos manifestantes acudiron á sede do PP vigués, na rúa Areal, por un rumor que percorreu as redes sociais no que se anunciaba a chegada do presidente do Goberno central, Mariano Rajoy.

No hay comentarios:

Publicar un comentario