jueves, 27 de septiembre de 2012

Feijóo deixa 40 mil pacientes en listaxe de agarda e unha sanidade en mans da empresa privada


Nos últimos tres anos, as políticas aplicadas polo PP na Galiza en materia sanitaria dirixíronse cara a un obxectivo fundamental: desmantelar o sistema público. Para Manuel Martín, voceiro da Plataforma SOS sanidade pública, a folla de ruta que seguiron é clara: "potenciar o aseguramento privado e deixar en mans privadas a prestación de servizos que até o de agora eran públicos".

Con Martín e a través das denuncias da Plataforma que representa --da cal fan parte partidos políticos como BNG ou PSOE; sindicatos como CIG, CC.OO, STEG ou CSIF; asociacións veciñais; grupos estudantís e multitude de colectivos do ámbito da saúde-- repasamos o que a lexislatura de Núñez Feijóo fixo coa sanidade pública no país.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/social/feijoo-deixa-40-mil-pacientes-en-listaxe-de-agarda-e-unha-sanidade-en-mans-da-empresa-privada/20120925205710005542.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario