miércoles, 26 de septiembre de 2012

Esixen a liberación de Miguel Quinteiro, activista vigués detido en Madrid


Son xa moitas voces as que esixen a liberación de Miguel Quinteiro. O veterano activista vigués de 67 anos, e membro da plataforma ATTAC-Galicia, foi un dos 35 detidos onte en Madrid tras as brutais cargas policiais nos arredores do Congreso.
A fotografía de Quinteiro sendo arrastrado por dous axentes antidisturbios foi unha das imaxes máis difundidas e comentadas onte e hoxe nas redes sociais. Trala súa detención, Quinteiro foi levado ás dependencias policiais na comisaría de Moratalaz en Madrid, onde agardaba prestar declaración. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario