jueves, 27 de septiembre de 2012

Beiras non renunciará ao escano se é elixido, pero di que o seu ciclo vital político é curto

Asegura que a coalición "en ningún caso poderá ser cómplice de que o PP puidese gobernar en minoría" // Cre na "unidade de acción" de AGE tras os comicios sen "mesturar proxectos" e avoga por "autonomía fiscal" para Galicia
"Cal é o meu ciclo vital? Non o sei, pero curto, sobre todo para unha vida activa na política. Non só na vida institucional, senón no outro". Estas palabras son de Xosé Manuel Beiras Torrado (Santiago de Compostela, 1936), cabeza de cartel pola Coruña da coalición entre Esquerda Unida e Anova, formación esta última da que é portavoz desde a súa constitución en xullo e a cal contribuíu a conformar como "movemento político" --segundo el mesmo lembra-- tras abandonar o Bloque Nacionalista Galego (BNG).

Nunha entrevista concedida a Europa Press, Beiras móstrase comprometido co "rol que se lle atribúe" despois de que se "precipitase" a convocatoria electoral. "Por tanto, o que non vou facer é 'Moi ben, eu participo nisto, a ver se podemos ter unha presenza importante para que sexa decisiva para o cambio de situación, pero ao día seguinte voume'. Non. Aínda que fose lexítimo", sentencia o histórico dirixente nacionalista.

E é que, aínda que recoñece que non se imaxinou a súa volta ao Parlamento galego, é consciente de "asumir" un papel. "En contra do que di algunha xente, non tiña apetencia ningunha nun rol institucional neste asunto (...). Pero se se me atribúe isto, eu asumo esta responsabilidade, mal que me pese", admite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario