miércoles, 22 de agosto de 2012

Ensino en galego en toda Galiza, por tan só 10 euros ao mes

A Cooperativa Avoescola e Galiza co Galego (www.galizacogalego.com) –asociacións sen ánimo de lucro– seguen a avanzar construíndo os alicerces dun proxecto independente para unha educación galega en mans da cidadanía. Asociarse a Galiza co Galego -Avoescola supón contribuír a garantir escolas en galego, laicas, inclusivas, de calidade, pluralistas e democráticas, por 10 euros ao mes durante o primeiro ano, e unha cota anual de 10 euros a partir do segundo. As persoas socias poden participar en todas as actividades, e mesmo teñen a posibilidade de ser socio/a traballador/a na cooperativa de ensino “Avoaescola”.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/11303.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario