viernes, 31 de agosto de 2012

Beiras proponlles a BNG, EU e CxG unha fronte "anti PP" de difícil concreción

Xosé Manuel Beiras dixo moito pero non resolveu demasiadas dúbidas. Dixo moito porque a súa proposta: Unha coalición electoral que agrupe de novo todo o nacionalismo e xunte as forzas á esquerda do PSdeG-PSOE, co obxectivo declarado de derrotar a Feijoo, é dende logo unha idea cun gran peso específico. Pero en realidade non se diferencia moito da "fronte electoral popular ampla" que Anova xa plantexara como obxectivo o pasado 4 de agosto. A diferenza é que a proposta se concreta cun chamamento expreso non só a Esquerda Unida e Compromiso por Galicia, senón tamén ao BNG.

No hay comentarios:

Publicar un comentario